Thursday 16 de May de 2024

Máis de 4500 kg de residuos recollidos no Parque Natural de Corrubedo


Os participantes do voluntariado ambiental organizado polo Concello de Ribeira, a través da Concellería de Cultura, Mocidade, Medio Ambiente e Benestar Animal, recolleron máis de 45000 kg de residuos de plástico durante a duración do programa. Tamén se limparon uns 12 metros cúbicos de restos de tala.

A actividade, deseñada para 15 mozos e mozas de 18 a 30 anos, ten como obxectivo asegurar a protección, recuperación, fomento e difusión dos valores ambientais e do patrimonio natural do complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán.

Os traballos realizados consistiron en labores de mantemento do espazo natural como a reconstrucción e consolidación de sendeiros, eliminación de especies invasoras, vixilancia de incendios, retirada de plásticos e microplásticos; e labores de información e sensibilización do visitante.
“A recollida de residuos nas praias é unha actividade crucial para preservar a beleza natural dos nosos contornos costeiros e garantir a saúde dos ecosistemas mariños.” explica a concelleira de Cultura, Mocidade, Medio Ambiente e Benestar Animal; Antía Alberte.
“Seguiremos organizando este tipo de actividades para espertar o interese e o sentido crítico cara o medioambiente”.